Gavial Rango fósil: desde hai 33,9 millóns de anos Eoceno tardío – Actualidade | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||
Crítico[1] | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||
G. gangeticus | |||||||||||||
Área de distribución do gavial
|
O gavial[2] (Gavialis gangeticus), ás veces chamado na literatura gavial do Ganxes ou indio, é unha especie de crocodiliano da familia Gavialidae, e única especie viva do seu xénero, nativa da parte norte do subcontinente indio.[3] A poboación silvestre global de gaviais estímase en tan só 235 individuos, que están ameazados pola perda dos hábitats de ribeira dos ríos, a diminución dos recursos de peixes e por quedar atrapados nas redes de pesca. Como a súa poboación diminuíu drasticamente nos últimos 70 anos, o gavial está hoxe considerado unha especie en perigo crítico na Lista vermella da IUCN.[1]
O gavial é un dos crocodilianos vivos máis longos, xa que chega a medir ata 6,25 m, aínda que este é o límite extremo superior, e un adulto medio adoita medir de 3,5 a 4,.5 m de lonxitude.[4] Ten 110 dentes afiados e interdixitados no seu longo fociño, e está ben adaptado para capturar peixes, que son a súa dieta principal.[5] O macho ten unha protuberancia distintiva ao final do morro, que lembra un pote de barro coñecido en hindi como ghara.[3]
Os gaviais antes habitaban en todos os sistemas fluviais principais do subcontinente Indio, desde o río Irauadi ao leste ao río Indo ao oeste. As súas áreas de distribución están agora limitadas a só un 2% da súa área anterior. Habitan nos grandes ríos de ribeiras areosas que usan para tomar o sol e construír os niños. Xeralmente aparéanse na estación fría. As crías eclosionan antes do comezo do monzón.[5]
O gavial é un dos tres crocodilianos nativos da India; os outros dous son o crocodilo das marismas (Crocodylus palustris) e o crocodilo de auga salgada (Crocodylus porosus).[6]
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Stevenson2010
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome maskey94
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome whitaker07